Foto: Marta Cancio Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Monográfico del Castro de Viladonga
Inventario 1970/00607
Clasificación Genérica Ferramentas e útiles. Obxectos domésticos
Objeto/Documento Peite ou ripo
Materia/Soporte Ferro
Técnica Forxado
Dimensiones Longo = 35 cm; Ancho = 13 cm; Peso = 1025 gr
Descripción Peite ou ripo de ferro. Feito con variñas de sección rectangular unidas, máis anchas nos extremos, leva unha especie de plancha grande, tamén de forma rectangular, no centro e polas dúas caras.
Datación 201=500 (S.II-V dC.)
Contexto Cultural/Estilo Galaico-romano
Uso/función Para desenredar a la
Lugar de Procedencia Castro de Rei, (Lugo)
Lugar Específico/Yacimiento Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo)
Clasificación Razonada A la e o liño foron as principais materias primas usadas no mundo galico-romano para a producción textil. O uso dunha ou doutra fibra tiña que ver coa dispoñibilidade ou a función (vestimentas, cordaxe, velas de barcos, redes de caza ou pesca...). A cadea operativa difería sustancialmente dependendo das fibras usadas, pero había elementos que poderían ter sido usados indistintamente, como é o caso do peite ou ripo que nos ocupa.
No caso do castro de Viladonga, de onde procede, as evidencias arqueolóxicas, polo momento, só atestiguan o uso de la (restos de fibras e tecidos, pegadas e ósos de ovella, tesoiras de rapar). Os achados de peites similares a este, tanto na península, como na Europa continantal e, principalmente, nas illas, parecen circunscribir a súa aparición a áreas de influencia romana onde a producción de la de ovella era predominante.
Este tipo de peites foron diseñados para insertarse na parte superior dun poste, e a súa función era a de alinear as fibras para fiar, separando as fibras longas das curtas. As fibras maís longas e finas, de maior valor podían ser envoltas para o seu transporte en forma de bolas ou mechas de la (Wild, J.P. 2002).
Autores como W. H. Manning (1972) estudiaron este tipo de instrumental sobre a teoría dunha industria de producción de la na Britania romana. Algunhas conclusións extraídas do seu traballo sinalan a posibilidade de que o cardado da la puido ter sido unha ocupación profesional ou semiprofesional. Manning tamén recolle a posibilidade de que este traballo se fixera a gran escala en grandes "villae".

En canto aos paralelos, o máis cercano e en mellor estado atopámolo na colección etnográfica do Museo de León, mentres que no sur das Illas Británicas constatamos a presencia de, cando menos, unha ducia de peites de ferro dobres e, outros tantos, con variñas só nun dos seus lados. Entre estes últimos podemos destacar o recuperado no xacemento de Great Chesterford, actulamente na colección do British Museum.
Bibliografía ALFARO GINER, CARMEN. El tejido en época romana

Cuadernos de Historia 29.
Madrid (m): 1997.

ALFARO GINER, CARMEN. Tejido y cestería en la Península Ibérica. Historia de técnica e industrias desde la Prehistoria hasta la romanización.

Biblioteca Prehistórica Hispana Vol. XXI.
Madrid (m): Consejo Superior de Investigaciones Cientificas, C.S.I.C., 1984.

CHAMOSO LAMAS, MANUEL. Las excavaciones del Castro de Villadonga y la problemática que plantean sus resultados. Actas del Coloquio Internacional sobre el Bimilenario de Lugo. Lugo: Diputación Provincial de Lugo, 1977, pp. 41-46.

ROCHE-BERNARD, G.; FERDIERE, A.. Costumes et textiles en Gaule Romaine. Paris: Errance, 1993. 58.

SÁNCHEZ, Annette. La civilisation romaine au travers des graffitis. Le Bohec, Yann(prol). 2017.
Catalogación Durán Fuentes, Mª Consuelo; Durán Fuentes, Mª Consuelo; Durán Fuentes, Mª Consuelo; Pérez Rozas, Álvaro
| más imágenes |

Foto: Marta Cancio Martínez

 
 

Foto: Marta Cancio Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6